Dark Embrace é unha banda influenciada polos subxéneros escuros do heavy metal. A banda naceu en Galicia, terra de meigas e infinidade de lendas e mitos que poden explicar a súa obsesión creativa pola escuridade.Debido ao seu crecente éxito, Dark Embrace asinaron un contrato discográfico co respectado e aclamado selo alemán Massacre Records, antiga casa de bandas como King Diamond, Theatre of Tragedy ou Crematory, e actualmente con Atrocity ou Eisregen, por citar algunhas.En febreiro editouse o seu novo disco, titulado “Dark Heavy Metal”, “para ilustrar o propio estilo musical creado pola banda”, segundo a propia formación. A mestura foi feita no Reino Unido polo sorprendente Mike Exeter, quen tamén se encarga do son de Black Sabbath, Judas Priest e Cradle of Filth. Este novo traballo conta con diferentes convidados, entre os que destaca Antti Wirman (Warmen, King Company, ex-Children of Bodom), entre outros.“Dark Heavy Metal” é un manifesto de metal, agresivo e melódico, triunfante e convincente. Cun son vocal único, guitarras incribles, baterías ardentes e grandes sinfonías.
Contratación
Hueso ProduccionesOscar Rilo 639 285 053 warpigagency@gmail.com