• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Os John Deeres

Os John Deeres veñen de presentar o seu segundo disco, “20-20” (2017), na Sala Capitol de Compostela.

Despois dun primeiro traballo inaugural, “8” (2013), que recollía temas de case unha década tocando xuntos, con “20-20” a banda dá un salto cara a un son máis directo e cru, máis compacto e máis achegado ás súas bandas de referencia dos 70, pero sen perder a perspectiva de estar gravado no século XXI.

En “20-20” presentan oito temas pensados para o directo, oito trallazos de hard rock contundente con letras que van da temática social ("Entre fronteiras", "A sombra de ti", "Dourado veleno") ao macarrismo ("Inevitable"); da superación dos propios límites ("Cara adiante", "Tan forte, tan lonxe") á conciencia de que ás veces só queda deixarse levar pola nosa parte máis escura ("Rendición", "Espiral").

Este traballo supón a consolidación dos John Deeres como a banda de referencia do hard rock en galego, un grupo con estilo propio e experiencia contrastada. “20-20” pode descargarse da netlabel O Toxo Rabudo, igual que o primeiro traballo. Ademais, a música dos John Deeres está dispoñible en SoundCloud, Spotify e nas demais plataformas de streaming.

Contratación

Manuel Reices
650 647 079
contacto@osjohndeeres.com

Discografía

20-20

OS JOHN DEERES

2017, FreeCode Jazz Records

8

OS JOHN DEERES

2013, Os John Deeres

Vídeos

Espiral (en directo na Sala Capitol)

OS JOHN DEERES

Dourado veleno (en directo)

OS JOHN DEERES

Inevitable (en directo)

OS JOHN DEERES

Rendición (videoclip)

OS JOHN DEERES

Entre fronteiras (lyric video)

OS JOHN DEERES

A lingua do mar (acústico)

OS JOHN DEERES

Tal vez tamén che gusten

¡Qué Desilusión!

Grand Soul Band

Heredeiros da Crus

Jhonander

Licor Café Rock Band

Mojo Experience