• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
N.E.O

Traspasado un punto de non retorno nun buraco negro xa non é posible a volta atrás. “Punto de no retorno” (2021) é tamén o título do segundo traballo de N.E.O, grupo de hard rock galego formado por Alberto Cereijo, Tino Mojón, Pedro Regueira e Diego P. Castro que, do mesmo xeito que un buraco negro, nos atrae e nos arrastra ao seu terreo.

A demoledora guitarra de Alberto vese perfectamente arroupada por unha base rítmica contundente na que Tino e Diego soan como unha soa persoa. Sobre esa base deslízase a voz de Pedro, realzando unhas letras comprometidas con melodías que se cravan na cabeza desde a primeira escoita.

“Punto de no retorno” é máis que unha evolución desde o seu anterior disco. Seguen a ser recoñecibles as súas influencias do hard rock máis clásico, pero nesta ocasión aparecen tamén momentos próximos ao rock progresivo. É entón cando o virtuosismo dos seus compoñentes ponse ao servizo das cancións e aparecen amálgamas e brillantes seccións instrumentais que elevan os temas a outra dimensión sen perder un chisco de enerxía. O disco, gravado entre os estudos Planta Sónica 2 e Pouland baixo a produción de Alberto Cereijo, consegue un son fiel ao dos seus irresistibles directos, demostrando que son unha das bandas máis sólidas e solventes do panorama nacional.

Todos estes elementos fan deste traballo un “punto de non retorno” do que non se poderá escapar en canto se escoiten os primeiros compases; un disco de cancións que, como di unha das súas letras, quedarán flotando no aire, no fondo da memoria.

Contratación

La Agencia Music
Juan Pablo Rodríguez Antón
943 34 00 61
contratacion@laagenciamusic.es

Discografía

Punto de no retorno

N.E.O

2021, Maldito Records

Objeto cercano a la Tierra

N.E.O

2019, Maldito Records

Vídeos

Terapia

N.E.O

Norte

N.E.O

Demasiado tarde

N.E.O

Inmortal

N.E.O

Tal vez tamén che gusten