Vídeos
Criminales (47 Remix)
ADIRA, D.ROLLING, MSD, JABICHO, O PIRATA
"Criminales (47 Remix)" é o terceiro tema de Perséfone, e unha das pezas con máis forza de todo o álbum. Trátase dunha versión expandida do tema 4-7, que xunta a Adira, D.Rolling, Javicho S.D.C., MSD e O Pirata nunha colaboración que representa o lado máis cru e salvaxe do trap underground galego.Con unha base escura e agresiva, a canción é unha mensaxe directa dende a rúa. Fálase de realidade social, da loita por sobrevivir, de identidade e da rabia contida que se transforma en música. Cada artista ofrece a súa visión sen censura, con versos cargados de forza e verdade. Adira, ademais de cantar o retrouso con contundencia, dá o ton emocional do tema coa súa voz intensa e desafiante.O videoclip, realizado por Xplicit Prods, amosa un escenario urbano e escuro, con luces de policía, ambientes vermellos intensos e escenas de pogos e enerxía ao límite. Todo respira tensión e forza bruta, cunha estética que acompaña á perfección o que soa."Criminales" é a esencia de Adira en estado puro: trap sen concesións, feito para que o corpo salte e a alma berro. É unha chamada dende abaixo, feita para os que medraron nos barrios e levan o lume por dentro.
Máis vídeos de Adira