• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Adira

Adira é un artista e produtor galego de música urbana que se caracteriza por un estilo que mestura ritmos actuais con sons experimentais e atmosferas introspectivas.

Inicia o seu camiño musical co álbum “Virgo” (2018) e, nese mesmo ano, crea o grupo Golden Wolves xunto a MSD. Pouco despois, en 2019, o grupo acada o segundo posto no certame Xuventude Crea, un recoñecemento clave na escena galega emerxente. Tamén en 2019, publica “Melómano”, primeiro disco oficial, composto por 12 temas que alternan colaboracións e cancións en solitario como ‘Manipulao’, ‘Guerra’ ou ‘Otra vez’, con Prol0019.

Actualmente, está centrado no seu proxecto máis ambicioso ata a data: o álbum “Perséfone”, onde se funden electrónica, trap e pop alternativo. Destacan pezas como ‘Far Away’, ‘La Popo va detrás’, ‘Rulay’ con Jabicho, ‘O barrio ao quente’, ‘Moonlight Interlude’, ‘De madrugada’ ou ‘Criminales (47 Remix)’, na que colabora con D. Rolling, MSD, Jabicho e O Pirata.

En 2025 lanza “Crisálida”, un EP con Brian Blk que inclúe temas como ‘No te vayas’, Mientes’ con D. Rolling, e ‘Mano de Dios’, que reforza a súa proposta visual a través de videoclips conceptuais que completan o seu universo creativo.

Actuou en citas destacadas como O Marisquiño, Extruga, Xinzo Urban Fest ou no Entroido Quente, ademais de salas emblemáticas como Capitol, Way Club, Origen, Moon, La Fábrica de Chocolate ou MyClub.

Paralelamente, Adira tamén realiza sesións como DJ, e é cofundador de Xplicit Prods, unha produtora centrada no audiovisual e os eventos.

Contratación

Xplicit Prods S.C.
Adrián
676 759 878
adrianramospena@gmail.com

Discografía

Melómano

ADIRA

2019, Golden Wolves

Vídeos

De Madrugada

ADIRA

Rulay

ADIRA, JABICHO

Moonlight Interlude

ADIRA

O Barrio ao Quente

ADIRA

Tiempo

ADIRA, YXNG CXLT, MSD, RAW JORDAN, D.ROLLING

Criminales (47 Remix)

ADIRA, D.ROLLING, MSD, JABICHO, O PIRATA

Tal vez tamén che gusten