• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Nigranjazz

Nigranjazz

O Festival Nigranjazz nace en 2007 cunha vocación localista, a de darlle cabida aos marabillosos músicos de jazz galegos que están xurdindo nos últimos anos. Está ubicado nun contorno de gran beleza que se presta para gozar da música relaxadamente.

Nestes anos xa pasaron polo Festival artistas galegos coma Sumrra, Virxilio Dasilva, Xan Campos Trío, Iago Fernández Sexteto, Yago Vázquez, Marcos Pin.... Pero ademáis nos últimos anos o Festival conseguiu atraer estrelas nacionais e internacionais coma: Jorge Rossy, Peter Bernstein, Joe Martin, Bill McHenry, Gilad Hekselman, Nuno Ferreira.... Este festival pretende ser tamén unha plataforma para novos valores galegos, por iso estes músicos de relevancia internacional a miúdo comparten escenario con músicos locais, fan masterclasses, participan nas jam session...

Ademáis o Festival conta cun concurso de carteis adicado a Quin Alborés, deseñador e organizador do Nigranjazz ata o seu pasamento.

Promotores: Concello de Nigrán, Deputación de Pontevedra

Ano de creación: 2007

Periocidade: Anual

Duración: 1 Día

Lugar de celebración: Esteiro da Foz, Ramallosa. Nigrán

Datas aproximadas de celebración: 25-27 de xullo 2024

Tal vez tamén che gusten