Sinsal SON Estrella Galicia
Sinsal Son Estrella Galicia é un dos festivais máis singulares de Europa. Ten lugar nunha illa, a de San Simón (Redondela), situada na espectacular Ría de Vigo, desenvólvese durante o día e o público só pode acceder ao festival nos barcos fletados pola organización. O prezo da viaxe en barco está incluído no prezo da entrada. A viaxe á illa é o punto de partida dunha experiencia única. A outra circunstancia que fai de Sinsal Son Estrella Galicia un novo modelo de festival é o cartel secreto. Liches ben, si. O público non coñece o nome dos artistas até que entra na illa. Un cartel con referencias de diferentes puntos do planeta, coa calidade e capacidade de sorprender que caracterizan a Sinsal, que unicamente 800 persoas poden gozar cada día. O Festival Sinsal Son Estrella Galicia foi galardado como Mellor Festival español de Formato Pequeno nos Premios Fest 2015.
Promotores: Sinsalaudio S.L.
Ano de creación: 2002
Periocidade: xullo
Duración: tres días
Lugar de celebración: Illa de San Simón, Redondela, Rías Baixas
Datas aproximadas de celebración: 26-28 de xullo 2024