• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

FIV de Vilalba

FIV de Vilalba

O FIV de Vilalba é un festival sen ánimo de lucro que nace o 22 de agosto de 2008 da man da Comisión das Festas Patronais de San Ramón e Santa María.

En 2009 o Concello de Vilalba faise cargo da súa organización coa clara intención de facer un evento duradeiro que se converta na marca nova de Vilalba e que dea a coñecer o noso pobo, principalmente, entre a xente menor de 40 anos.

Os nosos sinais de identidade son a carpa que se instala na praza da Constitución para acoller os concertos e a cor fucsia. Durante a celebración do FIV todos os farois do corazón de Vilalba (máis de 12.000 m²) emiten luz fucsia para crear un ambiente único que se ve reforzado por unha coidada decoración da carpa e arredores, xa que a idea é dotar o FIV dunha imaxe propia que o diferencie do resto de festivais.

O coidado do noso público é un dos nosos maiores obxectivos. Para iso, entre outras cousas, habilitamos unha zona de acampada gratuíta de máis de 2.000 m² a cuberto e con calefacción. Ademais disto, permítese o acceso ao recinto con comida, e na barra só se serven bebidas "premium" de primeiras marcas a un prezo moi reducido que non sufriu variacións dende o ano 2011.

Ao longo das sete edicións anteriores xa pasaron polo FIV máis de 25.000 persoas que desfrutaron das actuacións de grupos do talle de Love of Lesbian, The Whip, La Casa Azul, Catpeople, Sidonie, Delorean, The Pinker Tones, Delafé y las Flores Azules, Supersubmarina, Triángulo de Amor Bizarro, La Habitación Roja, Lori Meyers, El Columpio Asesino, Corizonas, We are Standard, Eme Dj, Eagulls, The Right Ons, Second, Amaral, Postergel, Fuel Fandango, Maryland, León Benavente, Los Coronas, Izal, The Gift, Estereotypo, Disco Mordisco, Chema Rey ou Ángel Stanich.

Promotores: Concello de Vilalba

Ano de creación: 2008

Periocidade: Anual

Duración: 2 días

Lugar de celebración: Praza da Constitución

Datas aproximadas de celebración: 26-27 de abril de 2024

Tal vez tamén che gusten