PARA UN XUÑO DO MÁIS FESTIVALEIRO
Aínda con ocos na axenda para xuño? Pois comeza a preparar bolígrafo e tarxeta e a crear novo grupo de WhatsApp, porque aquí che deixamos unha listaxe cos festivais de GalicianTunes que se celebrarán no mes de xuño, xunto con ligazóns de interese para que a decisión sexa máis doada e rápida, poderás escoller o que mellor se adapte a ti e se a decisión non dá chegado... a desfrutalos todos!
O Surfing The Lérez volve logo de gañar o Martín Códax da Música ao Mellor Festival onde rock e surf únense na Illa das Esculturas (Pontevedra) nunha romaría que durará todo o día, acompañado de food trucks, zona infantil, numerosas actividades e unha feira. Como todos os anos ademais de ser gratuíto tamén será solidario, espérase conseguir 6000 litros de leite para Rede Axuda.
CANDO?: 17 de xuño
ONDE?: Illa das Esculturas (Pontevedra)
QUEN?: Monrovia • Glitter & Litter • Dois • Os Amigos dos Músicos • Lucy and The Rats • The Soul Jacket • Diola • BALA • Los Vinagres • Los Deltonos • Pájaro • Los Tiki Phantoms • Malandrómeda • Los Bengala
CANTO?: Entrada solidaria, os asistentes «pagarán» cun litro de leite destinado a Rede Axuda.
NOVIDADE!: Do 8 de xuño ao 16 haberá un Surfing na Cidade.
A beira do río Ulla é o escenario dun festival de música folk onde podemos desfrutar de numerosas actividades para toda a familia como son o campionato de billarda, animación infantil, feira de artesanía, etc.
CANDO?: 18 de xuño
ONDE?: Touro (A Coruña)
QUEN?: Cantigas e Agarimos · Peter Punk · Bombos Figueiras na rúa · Os’Dabaixo · Sés
CANTO?: De balde!
MÁIS?: Cantos de taberna por parte de Os do pilón (Arzúa), A Ferriña Furtiva (Vigo), O Ghusto do boi (Boqueixón), Son do Souto (San Fíns de Sales), Voy vir, vor ver (Compostela), Arrincadeira (Arzúa), Pasabodeghas Troupe (Vedra) e Sonche Lerias (Vedra). Feira de artesanía, xantar campestre, sesión vermú (Cantigas e Agarimos) e animación infantil con xogos e maxia.
Un festival para todas as idades no que a música contemporánea, electrónica, indie e pop se mesturan para dar vida o Atlantic Fest. Artistas coñecidos e outros que non o son tanto forman o cartel deste festival que durante tres días acollerá diferentes concertos e actividades das que poderán gozar tanto maiores como pequenos.
CANDO?: 30 de xuño, 1 e 2 de xullo
ONDE?: Illa de Arousa (Pontevedra)
QUEN?:
30 xuño Rosalía & Raül Refree “Los Ángeles” · Os Amigos dos Músicos · Sen Senra · Mounqup · Kings of the beach
1 xullo Los planetas · Lori Meyers · The Temper Trap · Maxïmo Park · Delorean · L.A. · Anni B Sweet · Joe Crepúsculo · Apartamentos Acapulco · Electric Feels
2 xullo Puma Pumku · DOIS · Esposa · Birds are Indie
CANTO?: Compra online en http://atlanticfest.com/entradas/ desde 48€ máis gastos de xestión; e venta na billeteira do Escenario Son Estrella na Praia do Bao (30 xuño e 1 de xullo) e no Auditorio Turismo Rías Baixas (30 de xuño).
MÁIS?:
-Mercado discográfico GalicianTunes: mercado para apoiar a escena musical galega e no que, se compres as bases e te inscribes antes do 24 de xuño, podes acceder a un stand, onde tamén se impartirán charlas acerca da industrial cultural.
-D’Tascas Jägermeister: actuacións nas tascas os días 30 de xuño e 2 de xullo con entrada de balde para os que teñan o abono do festival.
-Praza de Abastos: actuacións na praza de Abastos con zona gastronómica o domingo 3 de xullo con entrada de balde para las persoas que teñan o abono do festival.
-Escenario Turismo Rías Baixas (Auditorio): venres 1 de xullo coa entrada de balde para as persoas que teñan o abono do festival.
-Atlantic Days: durante os meses anteriores e posteriores ao festival terán lugar os Atlantic Days cunha programación anual desenvolvida en distintos espazos para ter relación co público durante todo o ano.