• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Folk in Río

Folk in Río Folk in Río

Contacto

(+34) 657 908 491
http://www.folkinrio.com
folkinrio@gmail.com

Folk in Río

O terceiro domingo de xuño, en Touro, organízase o festival Folk in Río, unha divertida xornada a beiras do río Ulla repleta de cantos de taberna, xogos populares, exposición de artesanía, comida campestre e, por suposto, moita música folk.

O programa comeza cos cantos de taberna, que teñen lugar durante a mañá polos bares da localidade, cunha ducia de grupos que veñen desde varios puntos da xeografía galega. E de forma paralela desenvólvese o campionato de billarda.

Ao mediodía, na área recreativa da Santaia, celébrase a comida campestre, a sesión vermú e o resto de actividades organizadas entre as que destacan a Feira de Artesanía e os concertos musicais para todos os públicos.

En Folk in Río tamén hai espazo para os máis pequenos, con xogos tradicionais, música infantil e moitas máis actividades especialmente dirixidas a eles.

Promotores: Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla

Ano de creación: 2008

Periocidade: Anual

Duración: 1 día

Lugar de celebración: Touro (A Coruña)

Datas aproximadas de celebración: 16 de xuño de 2019

Tal vez tamén che gusten