• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

11 CANCIÓNS "ON FIRE"

11 CANCIÓNS "ON FIRE"
23 XUÑO 2017

Praia, festa e lume para a noite máis máxica do ano. As fogueiras de San Xoán comezarán nunhas horas e, aínda que non teñas preparada a grellada ou a bebida posta na neveira, nós xa nos encargamos de seleccionar once temazos on fire para que a noite de hoxe, celébrela onde a celebres, sexa inesquecible. #Lume 🔥

 

SolsticeCool Funeral

Unha praia de augas cristalinas, unha fogueira e moito ritmo son os elementos que fan que este sexa o vídeo que abra a listaxe. Cos compoñentes típicos de San Xoán, Cool Funeral déixanos “Solstice”, pertencente ao seu álbum debut You Drive Me Crazy (2015), temazo perfecto para comezar con bó pé a noite, o verán... e o que veña!

 

 

 

Insomnio - Tálesien

A banda de rock coruñesa ofrece demasiados temas para poñerle banda sonora a esta noite, peor nos decantamos por “Insomnio”, do seu último traballo, Tálesien (Suspiria Records, 2016), unha canción coa que non pegaremos ollo. Cargada de forza, transmítenos a enerxía e motivación suficiente para aguantar toda a noite sen deixar de cantar, saltar e bailar arredor das fogueiras.

 

 

 

OstiáIGMIG

“Saturday night I never drink a CocaCola…”. Unha letra demasiado pegadiza a de “Ostiá!", do álbum Ai, que lío! (2017), na que IGMIG nos presenta, con esa ironía á que nos ten acostumados, algúns dos sitios onde poderiamos desfrutar desta gran noite: “Sanjenjo”, “Bayona”, “La Coruña”, “Panjón”…» coreografía aeróbica incluída!

 

 

 

Manuales de supervivencia - The Trunks

Dando a benvida á xente diversa, a banda indie-rock The Trunks sabe como gastarllas, pero asegurándose de que sobreviven para a próxima cos seus “Manuales de supervivencia”, temazo para superar esta gran noite (e a mañá seguinte) do mellor xeito posible.

 

 

 

Pastillas de colores - Superoito

Nunha noite como esta, a quen non lle gustaría atoparse con estes «excelentes amantes, tenros e apaixoados do viño»? O grupo de música surf Superoito ofrécenos as súas “Pastillas de colores”, que nos teletransportan a unha festa como a que empezará nunhas horas.... tic-tac, tic-tac.

 

 

 

La cosa buena - Aula 11

Aínda non descubrimos *que* é esa cousa boa, pero a cousa que si temos clara é que Aula 11 sabe como montar un festón e desfrutalo despois. “La cosa buena”, incluída no seu último EP Hoxe de tranquis (2017), é o anticipo perfecto para a noite que nos agarda.

 

 

 

Codeína - Boyanka Kostova

Non podía faltar o xénero do momento, o trap, e da man do grupo santiagués Boyanka Kostova e a súa “Codeína”. «Churrasco, churris e camping» é a súa receita infalible para a noite máis máxica do ano que, co seu flow, fará que bailemos ata o que noso corpo aguante.

 

 

 

Jódete y baila - Novedades Carminha

Pódese dicir máis alto, pero non máis claro, todos a bailar! Novedades Carminha non quere que ninguén quede de brazos cruzados e co seu “Jódete y baila” obríganos a dalo todo sobre a pista de baile. Non se pode dicir que a festa estivo on fire se a mañá seguinte non tes maniotas de moverte durante toda a noite.

 

 

 

In The Jungle - Comando Katana

“In the jungle”, de Comando Katana e Ninjah Monkeys, é o tema que acompaña a unha grellada nunha azotea rodeado de amigos, bo plan para ir quentando motores para a festa nocturna, con monos e plátanos dándonos a enerxía necesaria para esta noite.

 

 

Shake - Agoraphobia

Que non che confunda o nome da banda, esta noite é para saír, desfrutar e non mirar o reloxo. O “Shake” das rockeiras Agoraphobia é a banda sonora idónea para queimar os teus apuntes, deixar de lado as preocupacións e shake and shake your head!

 


 

 

Make Me Feel SoBatemento

O elemento común de toda festa é o DJ, por iso non podiamos deixar a lista sen “Make Me Feel So”, electro-dance da man de Batemento, Traffic House e Érika Lewis que converterá as praias galegas nunha auténtica rave.

 

ETIQUETAS

  noticias