Tálesien nace en Galicia en 2002 das cinzas de Kraken. Presentan o EP "No Limits in Time" e o seu nome empeza a verse nos medios especializados comezando a compartir cartel con grandes nomes da escena musical metaleira. Tocan no Piorno Rock 2003 xunto a Anthrax, Cradle of Filth, In Extremo ou Lost Horizont. Xa en 2004, comparten cartel con Ronnie James DIO nun dos seus últimos concertos en España. En 2005 publican o seu primeiro longa duración "The Blind Carpenter", que os leva a percorrer parte da xeografía española e a participar en varios festivais. En "Melancolía", o seu segundo disco, publicado en 2008, abandonan o inglés e por primeira vez utilizan o español para todas as súas composicións. Tálesien celebra o seu décimo aniversario presentando o seu terceiro traballo discográfico: "El silencio" (2012): cancións intensas, tecidas con poderosos riffs, traballadas melodías e unhas letras íntimas que seguen a liña iniciada no seu disco anterior.Para redondear a súa extensa discografía, achegaron temas a senllos recompilatorios homenaxe a DIO e a banda colombiana KRAKEN.Con máis de douscentos concertos ás súas costas, Tálesien compartiu escenario con numerosísimas bandas da escena metálica nacional e internacional: DIO, Antrax, Riot, Cradle of Filth, Inmolation, Cancer (UK), Sacred Sin, Lost Horizon, In Extremo, Avalanch, Akashic (Brasil), su ta gar, S.A., Saratoga, Obus, Tierra Santa, Stravaganzza, Lujuria, Barón Rojo, Ñu, Valhalla, Ankhara, Easy Rider, Eco, Los Suaves, Dunedain, Eden, Stormrider...
Contratación
Juan Carlos (+34) 686 521 679 - (+34) 667 048 980 talesien.contratacion@gmail.com