• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

XULLO A GOLPE DE FESTIVAL

XULLO A GOLPE DE FESTIVAL
28 XUÑO 2017

Se aínda tes batería dabondo logo de desfrutar dos festivais que deixa xuño, deixámosche os que encherán o mes de xullo desde o primeiro día ata o último. Poderás escoller entre norte ou sur; cidade, praia ou río; metal, pop-rock e indie, jazz... para gustos, festivais!

 

RESURRECTION FEST

Unha referencia dos festivais metal e hardcore-punk na península e en toda Europa que gañou o Premio Iberian Festival Awards 2017 a Mellor Comunicación e Mellor Espectáculo en Vivo por Iron Maiden. Así é o Resurrection Fest, un macrofestival de 3 días na provincia de Lugo que non te podes perder.

 

Cando?: 5-8 de xullo

Onde?: Viveiro (Lugo)

Quen?:

5 xullo Aphonnic · CJ Ramone · Here Comes The Kraken · Parazit · Sepultura · Soziedad Alkoholika · We Ride

6 xullo: Airbourne · Anthrax · Bastards · Dropkick Murphys · Suicidal Tendencies · The Devil Wears Prada · Benighted · Blaze Out · Deserted Fear · Eluveitie · Korpiklaani · Noctem · The Black Dahlia · Murder · Trashnos · Comeback Kid · Late To Scream · Malevolence · Snapcase · The Inspector Cluzo · The Menzingers · The Wax · Wolf Down · Bulls On Parade (tributo a RATM) · BALA · El Altar del Holocausto · Guerrera · Karma To Burn · Kitai · Red Fang · Stray Train · The Vintage Caravan

7 xullo Annihilator · Architects · Enter Shikari · Killus · Northlane · Rammstein · Holocausto Canibal · Legacy of Brutality · Lost Society · Napalm Death · Teething · Vice Presidentes · Vita Imana · Warbringer · Brothers Till We Die · Crim · Deez Nuts · Obey The Brave · Reality Slap · Terror · Tragic Vision · Wisdom In Chains · Display of Power (tributo a Pantera) · Adrift · Alcest · Animals As Leaders · Ånima · Böira · One For Apocalypse · Truckfighters · Band Contest

8 xullo Arch Enemy · Bury Tomorrow · Mastodon · Morphium · Rancid · Sabaton · Besta

Krisiun · Lords of Black · Mayhem · Mutant · Obituary · Revolution Within · Taake · Adhesive

Agnostic Front · All Out War · D.Y.S. · Talco · The Blackjaw · Undeclinable Ambuscade · Band Contest · WTF? Parties Show · Conan · Degraey · Mantar · Orange Goblin · Pentagram · Porco Bravo · Quaoar · Band Contest

Canto?: Compra online anticipada en http://www.resurrectionfest.es/#tickets desde 125€ ata 203€ máis gastos de xestión.

Máis?:ResuCamp a escasos metros do recinto e preto da praia de Celeiro con WC, duchas de auga quente, servizo de cafetería, enchufes, aparcamento (ata completar capacidade), WiFi e seguridade. Beachcamp con WC, duchas de auga quente, servizo de cafetería, enchufes, seguridade e buses lanzadeira. Acampada gratuíta no Parque de Covas e no Mirador de San Roque; glamping oualoxamento en locais colaboradores. Transporte ida-e-volta desde Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.

 

 

 

PORTAMÉRICA

Cultura, ocio e innovación son os tres elementos que fan ao PortAmérica un festival único. Cun cartel que reflicte de maneira fidedigna o espírito do festival no que a converxencia da conexión Europa-América en Galicia é clave.

 

Cando?: 13-15 de xullo

Onde?: Caldas de Reis (Pontevedra)

Quen?:

13 xulloThe Horrors · Iván Ferreiro · Niños Mutantes · Carlos Sadness · Triángulo de Amor Bizarro · Aterciopelados · Ángel Stanich · Kanaku · El Tigre Nikki Hill

14 xullo Asian Dub Foundation · Kase.O · Novedades Carminha · Illya Kuryaki & The Valderramas · Zuco 103 · Bnegão & Seletores de Frequência · Carlos Jean · Los Amigos Invisibles · Rufus T. Firefly · Mateo Kingman · Say my name

15 xullo Leiva · Xoel López · Depedro · Porter · Instituto Mexicano del Sonido · Yall · Siddhartha · Enric Montefusco · Igloo · Orkesta Mendoza · Fizzy Soup

MÁIS POR CONFIRMAR

Canto?: Compra online anticipada en http://portamerica.es/entradas/ desde 50€ máis gastos de xestión.

Máis?: Posibilidade de acampar (tenda, furgo ou caravana) e dispositivo especial de transporte desde Vigo, Pontevedra, A Coruña, Santiago, Noia-Ribeira-Catoira-Vilagarcía, Lalín-A Estrada e Sanxenxo-Portonovo-Cambados. A gastronomía será outra protagonista con chefs, premiados con Estrelas Michelín e Soles Repsol, prepararán tapas gourmet a prezos accesibles. Nesta edición, os chefs invitados serán: Pepe Solla (comisario), Juanjo Pérez, Roberto Ruiz y María Fernández, Javier Olleros, Yayo Daporta, Iván Domínguez, Diego Gallegos, Julio Sotomayor y Daniel Guzmán, Estanis Carenzo, Edgar Núñez, Javier Estévez, Lucía Freitas, Héctor López, Álvaro Villasante, Diego López, Iago Pazos, Alberto Alonso e Iago Castrillón.

Novidade!: Esta edición é a primeira que se celebra en Caldas de Reis, logo de cinco edicións celebrándose en Porto do Molle, Nigrán (Pontevedra). A acampada será solidaria, os 3 días por 3€, que se destinarán integramente ao comité español de ACNUR.

 

 

 

FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA

A música celta como protagonista e unha vintena de grupos dispostos a dalo todo no escenario, esa é a mellor forma de describir este festival. As bandas máis importantes da música celta no mundo, as figuras máis relevantes do folk galego e os grupos máis prometedores que xunto cos desfiles das bandas das nacións celtas (Escocia, Irlanda, Bretaña, Asturias e Galicia) reuniranse no municipio coruñés para celebrar a cultura celta.

 

Cando?: 13-16 de xullo

Onde?: Ortigueira (A Coruña)

Quen?:

13 de xullo Noreia · Gabriel G Diges · Koji Koji Moheji · SKERRYVORE · Crebisnky

14 de xullo Bagad Kevren Brest Sant Mark · Escola de Gaitas de Ortigueira · Usher’s Island · Scott Wood Band · Böj

15 de xullo The California and District Pipe Band · Óscar Ibañez & Tribo · Michael McGoldrick Band · Tejedor · Harmonica Creams

16 de xullo Gamelas e Anduriñas · Os Carecos e Amigos · Treixadura e Cantigas e Agarimos · A Roda

Canto?: De balde!

 

 

 

FESTIVAL SINSAL SON ESTRELLA GALICIA

Unha illa, un cartel secreto...estas son algunhas das singularidades que fan o festival Sinsal tan especial. Celebrado na illa de San Simón, non se coñecen os artistas que tocarán ata que baixas do barco que poñen a disposición da organización. Este festival gañou o Premio Iberian Festival Award 2017 a Mellor Programa Cultural e Mellor Activación de Marca con New Balance Iberia.

 

Cando?: 21-23 de xullo

Onde?: Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra)

Quen?: ¡Cartel segredo! Os artistas non se darán a coñecer até a chegada do público á illa, pero xa sabemos que serán «artistas que non se prodigan en Galicia, proxectos en traxectoria ascendente [...]»

Canto?: ESGOTADAS!

 

 

FESTIVAL INTERNACIONAL DE JAZZ E BLUES DE PONTEVEDRA

Celebrado nas rúas e prazas da Zona Monumental de Pontevedra, centrándose principalmente nos músicos galegos de estilo jazz, blues, R&B ou soul, chega o Festival internacional de Jazz e Blues de Pontevedra. Do 21 ao 26 de xullo non vos perdades os concertos, jam sessions e workshops que se levarán a cabo nas rúas de Pontevedra.

Cando?: 21-26 de xullo

Onde?: Praza do Teucro, que foi a primeira sede do festival, e da Ferraría, que acolle anualmente o programa principal (Pontevedra)

Quen?: Miguel Lamas Quartet · Raynald Colom & Spj Group · Santi Quintáns European Quartet · Cory Henry & The Funk Apostles · Derobert and The Half-Truths · Gregory Porter.

Canto?: De balde!

Máis: Jam Sessions (en A Gramola do 21 ao 26), Pontejazz Workshop (no antigo conservatorio do 21 ao 23, participan Matthieu Donarier, Dre Pallemaerts, Santi Quintáns e Raynald Colom) e Jazz pola Rúa (do 21 ao 26).

 

BASTICORE

Basticore é o festival que axunta música independente e skate, perfecto para coñecer diferentes bandas emerxentes de diversos estilos que queren despegar na escea musical nacional. Este evento levarase a cabo no parque de skate de Bastiagueiros (A Coruña), onde ademais realizarase o xa tradicional concurso de skate e a exhibición de skaters profesionais para animar aos participantes a mellorar a súa técnica.

 

Cando: 29 de xullo

Onde?: Skatepark de Bastiagueiro (A Coruña)

Quen?: Cuchillo de fuego · Ordesa · Stoyka · Invasive Sessions · Theta Waves · Bulto · Please Wait · Moura · Super Busty Samuray Monkey · Árida · Turbo Kraks · Desidia

Canto?: De balde!

 

 

 

NIGRANJAZZ

Jazz, relax, e un entorno de gran beleza son os compoñentes clave do NigranJazz, no que poderás desfrutar de un ambiente único no que os músicos de jazz galegos que están xurdindo nos últimos anos son os protagonistas principais.

 

Cando?: 28-29 de xullo

Onde?: Esteiro da Foz, Nigrán (Pontevedra)

Quen?: 

28 de xullo Gonçalo Leonardo Quartet · Rossy & Kanan Quartet · Carlos Gil Trío

29 de xullo The Alley Stompers · Abe Rábade e Virxilio da Silva · Kevin Hays New Day Trio · Sunil López Trío

Canto?: De balde!

 

  noticias