11 DE MORRIÑA FESTIVALEIRA VOL. I
Esmorga Fest, La Melona, FIV de Vilalba, Surfing the Lérez, PortAmérica, Resurrection Fest... botando contas, a estas alturas xa desfrutariamos de, aproximadamente, media ducia de festivais patrios, e os que estarían por chegar!
Lembrádesvos? Esa difícil elección cando coincidían dous —ou tres!— deles nunha mesma fin de semana, o mesmo nivel de dificultade que tiñamos ao descubrir que as actuacións dos nosos artistas favoritos solapábanse; toooda a loxística de como chegar, onde durmir, que comer... OS TUENTS! Si, admitímolo, nós tamén temos morriña festivaleira e, aínda que sabemos que a experiencia non será nin parecida, deixámosvos unha selección de once actuacións dos nosos artistas e grupos en festivais para curar o síndrome de abstinencia. E bailar, bailar y bailar (con máscara!).
Eladio y Los Seres Queridos – PortAmérica
Mojo Experience – Festival Tronco Sonoro
Baiuca – Festival Noroeste Estrella Galicia
Os Amigos dos Músicos – Festival dos Eidos
Marem Ladson – 17º Ribeira Sacra
Reynier Aldana – Festival de la Luz
Disco Las Palmeras! – Festival de les Arts
Gabriel Peso Trío – Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra
Novedades Carminha – Low Festival