• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

ARRANCA A GRAVACIÓN DE ‘GALICIA EMERXE’ CON 50 ARTISTAS E GRUPOS GALEGOS

ARRANCA A GRAVACIÓN DE ‘GALICIA EMERXE’ CON 50 ARTISTAS E GRUPOS GALEGOS
28 AGOSTO 2020

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia acolle durante cinco semanas os traballos de gravación dos 50 concertos ao vivo de Galicia Emerxe, o novo programa musical creado pola Xunta de Galicia como parte do Plan de Reactivación dos Sectores Cultural e Turístico fronte aos efectos da COVID-19.

 

Así, ademais das 41 axencias de contratación galegas a través das que participan os 50 artistas seleccionados, Galicia Emerxe mobiliza 21 empresas de servizos musicais, así como máis de 20 técnicos de son dos propios grupos. Neste sentido, están implicadas áreas como produción, son, iluminación, realización e edición de vídeo, deseño gráfico e visual, construción efémera, escenarios e estruturas, hospitalidade, backline, comunicación e, especialmente ante a situación actual, seguridade e prevención de riscos laborais para garantir un estrito protocolo hixiénico-sanitario dos equipos artísticos e técnicos.

 

A través desta iniciativa, medio centenar de artistas e grupos galegos de moi diferentes estilos terán a súa disposición unha nova plataforma de promoción do seu traballo, mediante un atractivo formato audiovisual deseñado para a súa emisión televisiva e a súa posterior difusión en liña. Este espazo musical, que conta coa implicación da TVG para a súa emisión, desenvolverase ao longo de 50 programas duns 40 minutos de duración que, ademais dos concertos, incluirán a intervención dos seus respectivos protagonistas para falar sobre a súa traxectoria e os seus proxectos máis inmediatos.

 

A escolma de artistas é, por orde alfabética:

⚡ Galicia Emerxe Vol. I

 

Galicia Emerxe Vol. II

 

  noticias