11 PARA O ANTES, O SUFRIMENTO E O DESPOIS

Gañouna tres veces: no ’64, no ’08 e, a más recente, no ’12, dous anos despois de conseguir por vez primeira a estrela do Mundial na camiseta. Igual que os Xogos Olímpicos, a Eurocopa 2020 —como o seu propio nome indica— teríase que celebrar o ano pasado, pero... COVID-19. Arrinca hoxe, un ano máis tarde, e a Selección Española debuta o luns 14, contra Suecia, no estadio de La Cartuja de Sevilla ás 21.00 h.
Gañouna tres veces... e sufrimos cen; desde o minuto un do primeiro partido da fase de grupos ata a prórroga da final. E esas veces que quedamos en oitavos? E EN CUARTOS? A tensión que os afeccionados poden chegar a sentir ao ver un partido de Liga, convértese en sufrimento cando La Roja está no campo. E terminamos por convertérmonos en adestradores e árbitros de salón. Porque igual que o ritmo dunha canción crece e decrece, faino o rendemento da Selección en cada partido, deixándonos os nervios a flor de pel.
Seleccionamos o noso once titular galego para poñer banda sonora ás emocións que sentiremos os próximos días durante os partidos da Selección, desde que o balón comeza a rodar sobre o céspede ata que o árbitro pite o final.
Mucho nivel, Novedades Carminha
Confidence, APHONNIC
Todo va a ir bien, Diariodeverano
I’m Waiting, Helen & Shanna
Creisi or What, Kings of the Beach
Non pensar, Os Amigos dos Músicos
Todo mal, Dois
Pior, Bifannah
No hay remedio, Arantxa Pérez
Omertá, BALA
Aquí entra en xogo a vosa confianza (e esperanza!) Quedaremos en cuartos... ou traeremos a cuarta á casa?
Campión internacional, A Gramola Gominola
Cumbia para matar as penas, MJ Pérez