• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

XULLO E AGOSTO DE NOVO A GOLPE DE FESTIVAL

XULLO E AGOSTO DE NOVO A GOLPE DE FESTIVAL
9 XULLO 2021

O verán pasado lembrabámolos con morriña e, aínda que houbo algúns que se celebraron en pequeño (e adaptadísimo) formato... o mono festivaleiro seguía a latexar, porque poida que nos minimalicen os festivais, pero xamais nos quitarán as lembranzas das edicións pre-COVID19. Con todo, este ano seica poderemos curar esa mestura de nostalxia e ansia nalgúns deles que, con esforzo e ilusión a partes iguais, adaptan as súas edicións á situación actual para que nós, como público, podamos seguir a desfrutar deles.

 

Recuperemos os bos costumes... así que tomade nota para os festivais con perfil en GalicianTunes que terán lugar nos meses de xullo e agosto.

 

 

 

 

ATLANTIC FEST

Un festival para todas as idades no que a música contemporánea, electrónica, indie e pop mestúranse para dar vida ao Atlantic Fest. Artistas coñecidos e emerxentes conforman o cartel deste festival que, por vez primeira durante dúas semanas, acollerá concertos para desfrutar nunha paraxe de ilusión.

 

Cando?: 12-24 de xullo

Onde?: Illa de Arousa (Pontevedra)

Quen?:

Luns 12 Ortiga

Martes 13 La Habitación Roja

Mércores 14 María José Llergo

Xoves 15 Zahara

Venres 16 Dorian

Sábado 17 León Benavente • Depedro

Domingo 18 Sidonie • Lori Meyers

Luns 19 Chucho

Martes 20 Derby Motoreta’s Burrito Kachimba

Mércores 21 Anni B Sweet [en acústico]

Xoves 22 Rufus T. Firefly

Venres 23 Verto + Johnny B. Zero

Sábado 24 Second • Kings of The Beach • MounQup

Canto?: Compra online anticipada en https://atlanticfest.com/entradas/. Cada artista ten a súa entrada e, aínda que hai días (17 e 18 de xullo) nos que actúan dous artistas, os seus concertos son totalmente independentes e non se solapa, pódese asistir a ambos. As entradas non son nominativas, véndense por grupos e, das que quedan dispoñibles, van desde os 10€ ata os 30€, dependendo do artista. Este ano, debido á capacidade tan limitada, os menores de 12 anos si terán que pagar para ocupar unha plaza, ao mesmo prezo que o adulto. Para entrar con menores de 15 anos será preciso levar unha autorización firmada e, entre 15 e 17 tamén, podendo asistir sen necesidade de ser acompañados.

 

 

 

 

 

SINSAL SON ESTRELLA GALICIA

Unha illa, un cartel secreto... estas son algunhas das singularidades que fan ao festival Sinsal SON Estrella Galicia tan especial. De volta na illa de San Simón, logo da súa edición do ano pasado no Museo do Mar de Galicia (Vigo), non se coñece aos artistas que tocarán ata que baixas do barco que pon a disposición a organización.

 

Cando?: 23 - 25 de xullo

Onde?: Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra)

Quen?: Cartel secreto! Os artistas non se darán a coñecer atala chegada do público á illa, é ou non é emocionante? A organización adianta: «Músicas de raíz e de vangarda. Sonoridades modernas e propostas innovadoras. Toda a riqueza dos territorios conforman a paisaxe sonora que nos acompañará na viaxe do Sinsal 2021, sempre ateigada de natureza, auga e vida».

Canto?: Entradas esgotadas!

 

 

 

 

 

 

ESMORGA FEST

Vós probablemente non o lembredes, pero a última edición do Esmorga, a do 2020, tívose que cancelar un día antes da súa celebración; aguantaron como valentes e, como valentes que son, volven! Sarria (Lugo) volverá reunir o mellor da música indie e underground en Galicia.

 

Cando?: 24 de xullo

Onde?: Sarria (Lugo)

Quen?: Niña Coyote eta Chico Tornado • Holywater • Depresión Sonora • Monteperdido

Canto?: DE BALDE! Podedes conseguir o convite en https://esmorgafest.com/es-es/entradas. As entradas serán nominativas, vinculadas a un DNI e un correo-e, e só poderá adquirirse unha por persoa. A venda remata o 24 de xullo!

 

 

 

 

NIGRANJAZZ

Jazz, relax e unha contorna de gran beleza son os compoñentes clave de Nigranjazz, festival no que os asistentes desfrutarán dun ambiente único onde músicos de jazz galegos emerxentes comparten protagonismo, e escenario, con músicos de renome internacional.

 

Cando?: 30 - 31 de xullo

Onde?: Nigrán (Pontevedra)

Quen?: 

Vernes 30 Ombra de Lúa • Natanael Ramos

Sábado 31 Focus Year Band • Yago Vázquez

Canto?: De balde! Pero con capacidade limitada por mor da regulación sanitaria.

 

 

 

 

 

 

SONRÍAS BAIXAS

Cunha carta de presentación que reza «boa música, gastronomía e praia», SonRías Baixas, o festival «de festivaleiros para festivaleiros»coa música como protagonista ofrece unha programación fresca e orixinal que mestura artistas consagrados do panorama nacional e internacional. A organización do SonRías decidiu aplazar o festival para 2022, aínda que este ano ofrece unha programación adaptada á normativa sanitaria vixente, convertendo o festival nun ciclo de concertos ao aire libre durante seis días.

Cando?: 3-8 de agosto

Onde?: Bueu (Pontevedra)

Quen?:

Martes 3 SÉS • TéCanela

Mércores 4 Ciudad Jara • Tu Otra Bonita

Xoves 5 Iseo & Dodosound • Travis Birds

Venres 6 La M.O.D.A. • Sabela

Sábado 7 Kase. O #JazzMagnetism • SonDaRúa

Domingo 8 La Pegatina • Muerdo

Canto?: As entradas van desde os 10€ ata os 29€, dependendo da ubicación dos asentos, incrementándose en función da proximidade co escenario. Para os menos de 12 anos haberá un precio único de 10€ máis gastos de xestión, ademais de ter que descargar unha autorización de asistencia durante o proceso de compra ou seguindo esta ligazón. Lembra que nunha mesma compra poderanse adquirir ata seis entradas e, se están dispoñibles, poderanse seleccionar contiguas.

 

 

 

ℹ️ A info irase actualizando conforme vaia saíndo publicada nas súas respectivas páxinas oficiais.

 

  noticias