11 DE PODÍA TER SIDO, PERO NON CHEGOU SER

A música é unha das formas máis populares para amosar sentimentos, e o 14 de febreiro, como os pementos de Padrón, uns celébrano e outros non. Non hai unha única forma de amar, nin de ser amado, nin de entender ou celebrar o amor; tampouco hai un só xeito de compoñer poesía... E así, compoñendo, xurdiron estas once cancións, estes once títulos que, xuntos, conforman un poema que se afasta do romanticismo idealizado.
Meu cariño
Ti es vida
Só
Aquí
Contigo
Son feliz
Amor
Cris Castro ft Iria Mejuto e Noelia Santos
Eterno
Amor Frugal
Todo é fume
Para ti
Meu cariño,
ti es vida,
só aquí, contigo,
son feliz.
Amor eterno,
amor frugal,
todo é fume
para ti