• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Loucost

Loucost son Rives (Álex) e Darío DK (Darío), grupo de música urbana creado a comezos de 2018 procedente da Cañiza, unha pequena vila da provincia de Pontevedra.

O seu estilo musical é variado, indo desde o rap máis “old school” ata novos sons propios do trap, afrotrap ou dancehall. Polo xeral, a creación das letras, a gravación dos temas, filmación e montaxe dos videoclips corre por conta do propio grupo, de carácter autodidacta.

Sería complicado establecer unha liña temática nos temas de Loucost; atopamos letras que falan das preocupacións dunha xeración, de carácter reivindicativo, letras que transmiten positividade e falan sobre vivencias e experiencias dos seus compoñentes.

A principal premisa de Loucost é amosar que o galego é unha lingua completamente válida para calquera estilo musical.

Contratación

Alex (1) Dario (2)
619 818 782 - 670 841 901
loucostmusic@gmail.com

Discografía

Po'barrio

LOUCOST

2019, Loucost

Vídeos

Po'barrio

LOUCOST

Afrotrap Pt. 2

LOUCOST

Afrotrap Pt. 1

LOUCOST

Tal vez tamén che gusten