• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Mileth

Mileth é un grupo que practica metal pagán galaico, ou o que vén sendo o mesmo, unha mestura entre metal extremo, folk e música tradicional galega.

A xénese destes Fillos de Mil remóntase ao ano 2009 na Mariña lucense, terra onde emerxe a súa lírica enraizada nos místicos paisaxes do Val do Xistral.

Ao longo desta década Mileth deixa rexistradas varias demos: “Cancioneiro da enxebre escuridade” (2012), “Mitolóxica errante: ...e na novena onda caeron os deuses” (2014) e “Daqueles vellos ósos onde morre a vida” (2016), editada polo selo Darkwoods xunto co resto de demos gravadas ata a data. Esta recompilación preséntase nunha edición especial baixo o nome “Recolleita dos demos que han de ser esquecidos”. Con estas maquetas obteñen unha boa acollida dentro do panorama underground nacional chegando a compartir escenario con bandas internacionais destacadas.

Logo de anos de traballo publican “Catro pregarias no albor da Lúa Morta” (2019), editado a través do selo ruso SoundAge Productions e do nacional Darkwoods. Un paso firme na súa teima de buscar unha fusión orgánica á par que persoal destes dous mundos, e para o que contaron coa colaboración na gravación de músicos de recoñecido prestixio dentro do panorama folk do país (SondeSeu, Quempallou, Rodrigo Romaní Trío), dando lugar a pasaxes onde as pandeiretas, os violíns, as arpas ou os leghóns alternan con voces gusturais e guitarras distorsionadas.

Contratación

Autoxestión
Marcos
606 117 733 - 697 522 530
mileth.booking@gmail.com

Discografía

Catro pregarias no albor da Lúa Morta

MILETH

2019, SoundAge Productions / Darkwoods

Recolleita dos Demos que han de ser esquecidos [Compilación]

MILETH

2015, Darkwoods

Mitolóxica errante: ... e na novena onda caeron os deuses (Demo)

MILETH

2014, Mileth

Cancioneiro da enxebre escuridade (Demo)

MILETH

2012, Mileth

Vídeos

O palismocas

MILETH

O son do buxo baixo a sombra do Xistral (Lyric video)

MILETH

De bruma e salitre

MILETH

Petros, axioma da Terra

MILETH

... e na novena onda caeron os deuses

MILETH

Tal vez tamén che gusten