• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Pantano

PANTANO fórmase en Pontevedra a finais do verán de 2016 cando Guly Leiva recruta a Edu Sánchez e Charlie Swamp coa idea de comezar a ensaiar e dar saída a esas ideas que levaban un tempo roldándolle a cabeza.

Con este formato dan os seus primeiros concertos ata que, a comezos de 2018, completan a formación coa incorporación de Poncho Quilates, un dos maiores guitar heroes” do noso tempo. En xullo dese mesmo ano editan o seu primeiro traballo, “Live at Litium”, un EP en directo con catro temas gravados e mesturados por Rafa Darrosa en Litium Records. Este EP serve como anticipo do que será o seu primeiro longa duración. “Beware” xéstase en apenas tres días en Hertzcontrol Studios (Seixas, Portugal) con Marco Lima como encargado de gravación, mestura e masterización. Lima achega ademais a súa pericia ao hammond para redondear aínda máis dous dos nove cortes que compoñen o álbum. Desde o seu lanzamento, en febreiro de 2019, estiveron presentando en directo as súas cancións.

PANTANO vomitan un poderoso, afiado e descarreirado garage/punk/rock cuxas influencias van desde The Stooges a The Fuzztones pasando por Roky Erickson, Dead Moon, The Scientists, Misfits ou Dead Boys. Con letras que falan de perdedores impenitentes, traumas infantís irreparables, asasinos seriais e metafísica de ultratumba e uns directos que che van a hostiar para parar un tren, PANTANO son desde xa a túa nova banda favorita.

Contratación

Charlie
616 544 748
carloslr1978@gmail.com

Discografía

Beware

PANTANO

2019,

Live at Litium

PANTANO

2018,

Vídeos

Frankie (Sala Son - 24/5/19)

PANTANO

El Cazador (Sala Karma - 14/12/18)

PANTANO

Woman and Man

PANTANO

Tal vez tamén che gusten