• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Roura

Roura (A Coruña, 1993) é un cantautor afincado en Madrid.

O seu estilo caracterízase pola construción dun imaxinario propio a partir das súas letras, marcadamente narrativas e poéticas, con influencias do surrealismo, o realismo máxico e sucio e da poesía da experiencia.

Musicalmente, bebe de artistas como Nacho Vegas, Albert Pla, Lou Reed ou Leonard Cohen. Ao vivo, destaca o seu sentido do humor, a improvisación e o xogo co público.

En abril de 2020, Roura publicou o seu primeiro disco, “El ruido de las pestañas” (2020), producido por Gabriel Vidanauta. Trátase dun conxunto de cancións-conto con letras vinculadas ao surrealismo e ao realismo máxico. Neste traballo colaboran artistas como Marta Plumilla, María de la Flor, La Vero Paz, ou o xornalista Javier Gallego Crudo.

En decembro de 2022, e logo dunha exitosa campaña de crowdfunding, publica “gotas”, un EP de catro cancións producido por Toni Brunet, gravado en compañía de músicos de primeiro nivel como Héctor Rojo, Manu Clavijo ou Gabriel Marijuán. “gotas” é como unha habitación de catro lados coas esquinas situadas en diferentes momentos creativos de Roura, quen nos ofrece algunhas das súas mellores cancións neste traballo. A edición física do EP vén acompañada con catro láminas de gran formato con ilustracións orixinais da artista Dolores Garrido, as letras manuscritas e textos orixinais do propio Roura.

Contratación

Alejandro Roura
676 058 380
alejandrorourablanco@gmail.com

Discografía

gotas

ROURA

2022, El Cuarto

El ruido de las pestañas

ROURA

2020, El cuarto

Vídeos

Soy una ventana

ROURA

Tal vez tamén che gusten