“Monday Mood” (2019) é o terceiro traballo coma líder do contrabaixista e compositor compostelán Alfonso Calvo. Igual que o seu anterior traballo, "Sea Ahead” (2019), "Monday Mood" preséntase en formato de septeto.Compoñen o septeto algúns dos músicos máis relevantes da escena jazzística galega: Pablo Castanho (alto, soprano), Diego Alonso (tenor), Xabier Pereiro GdJazz (trompeta, fliscorno), Luis Miranda (trombón), Iago Mourinho (piano), Alfonso Calvo (contrabaixo, composición, arranxos) e Miguel Cabana (batería). Entre os seus convidados especiais destacan Ton Risco (vibráfono, melódica) e Pablo Pascual (clarinete baixo).Alfonso Calvo Septet ten actuado nos festivais de jazz máis importantes da nosa comunidade como ImaxinaSons, Festival Internacional de Jazz & Blues de Pontevedra, Festival de Jazz de Moaña, Festival de Jazz de Lugo e Noites de Jazz de Cambre, entre outros.
Contratación
Alfonso Calvo699 507 594 alfonsocalvo1@hotmail.com