• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Alberto Vilas Quinteto

O pianista Alberto Vilas é o autor de todos os temas que conforman o repertorio deste quinteto creado en 2009 e que se completa con Rosolino Marinelo no saxo, Felipe Villar na guitarra, Juansy Santomé no contrabaixo, e Javier Barral Carro na batería.

A finais de 2010 métense a grabar o seu primeiro traballo con esta formación e editan un ano máis tarde o álbum “Experianza” que presentan por toda Galicia participando nos máis importantes festivais dedicados ao Jazz como o Imaxinasons de Vigo, o Via Stellae de Compostela, o Nigranjazz, o Festival de Jazz de Lugo e o Festival de Blues e Jazz de Pontevedra en xullo de 2013, onde obtiveron moi boa acollida por parte do público e da crítica.

Crónica Cromática (2014) é o segundo traballo discográfico do Alberto Vilas Quinteto. Música cunha ampla dose de jazz mais que tamén está repleta doutras moitas músicas que forman parte do universo musical do pianista e compositor desta formación, Alberto Vilas: desde a música clásica e o tango, ata a música contemporánea ou rock. Esta música é fundamentalmente jazz, música improvisada pero tamén ten ingredientes moi importantes de toda esa experiencia musical acumulada e traballada ao longo de moitos anos.

O quinteto deixa un lugar moi importante á frescura da improvisación, do espontáneo e imprevisible, pero tamén traballa continuamente na procura dun son de grupo particular que o identifique e que hoxe en día xa se pode dicir que posúe ese selo de identidade propio.

Contratación

Alberto Vilas Alonso
(+34) 649 589 132 - (+34) 986 401 809
albertovilasquintet@gmail.com

Discografía

Ubuntu

ALBERTO VILAS QUARTET

2016, Alberto Vilas Quartet

Crónica cromática

ALBERTO VILAS QUINTETO

2014, Free Code Jazz Records

Experianza

ALBERTO VILAS QUINTETO

2011, Azos Jazz

Vídeos

A arte de seguir en pé

ALBERTO VILAS QUARTET

Espuma de Mar Alberto Vilas Cuartet + Diana Tarín

ALBERTO VILAS QUARTET

Desterrados

ALBERTO VILAS QUINTETO

Maratón do Jazz galego (2)

ALBERTO VILAS QUINTETO

Maratón do Jazz galego (1)

ALBERTO VILAS QUINTET

Experianza

ALBERTO VILAS QUINTET

Tal vez tamén che gusten