Constantinopla, 1902. Nun café Amán, gregos, turcos, armenios e sefardís descendentes dos xudeus expulsados de España en 1492 reúnense clandestinamente para cantar. Entoan nun estilo oriental cancións de amor, humorísticas e outras que falan do contexto social e político da época.Jako el Muzikante, Jako o Buscavidas, malvive cantando en vodas e en circuncisións, ao tempo que sisa o que pode dos seus compracidos e, moitas veces, embriagados clientes. Pouco despois, o Imperio Otomano cae e Grecia, Turquía e Armenia adoptan estas músicas e as adaptan dentro das súas novas fonteiras, pero as melodías sefardís caen no esquecemento pola complicada situación que os seus interpretes atravesan.“Ven al Luna Park” é o primeiro traballo discográfico deste proxecto levado a cabo por Xurxo Fernandes tras anos de investigación nas comunidades sefardís de Bulgaria, Grecia, Turquía e Israel. Trátase dun libro con disco en tapa dura de 78 páxinas e 13 temas, con abundante documentación e referencias sobre os temas, producido polo propio Xurxo Fernandes, escrito en ladino, inglés e rashí, que supón o primeiro proxecto de recuperación da música urbana dos xudeus de orixe peninsular.
Contratación
Mirmidón ProduccionesMaruchy 667 706 241 - 609 400 113 maruchy.mirmidon@gmail.com