FRENCH RIVIERA é sinónimo dos 80, do retro, da época dourada das películas de acción, as luces de neón e as pistas de baile. Cos seus sintetizadores, saxo, talkbox, guitarras funk e baterías disco, evocarache ao frescor do pasado, pero co aroma da actualidade.Pero quen está detrás de FRENCH RIVIERA? Pois David Fermoselle, saxofonista , teclista, compositor e produtor galego con ampla experiencia tocando en salas e festivais de toda España (FIB Benicassim, Sonorama, Jazzaldia, Low Festival, Arenal Sound...) como integrante de grupos recoñecidos como a súa banda Belöp ou Villanueva. Algúns medios descríbeno como “O Giorgio Moroder das Rías Baixas”.Tras a publicación de dous singles “Venusberg” e “Dancing”, en 2021 publica “Weekend in Montecarlo”, creando unha perfecta BSO para percorrer nun Ferrari convertible (como no videoxogo OUTRUN) a Costa Azul francesa, sintonizando funk e retroelectrónica. Elegante, diferente, especial e oitenteiro.Actualmente acaba de lanzar o seu novo single “Rías Baixas” (Ferror Records), que formará parte do seu próximo álbum, o cal sairá a principios de 2025 e seguirá a senda do posdisco, o electrofunk e a electrónica para facerche mover a cadeira en todos os festivais e salas posibles.
Contratación
David Fermoselle 655 552 532 frenchrivierasynths@gmail.com