O último Big Bang do pop español, Alex Casanova, un galego que, como Julio Iglesias, pasou de ser unha nova promesa do fútbol a un dos compositores novos con maior talento e menos prexuízos da escena alternativa máis híbrida. Pasa do hedonismo oitenteiro ao trash pop sintético e "nuevaolero", sen ruborizarse a autodeclararse o herdeiro 2.0 do legado de Tino Casal, como se intúe dende o deseño dun álbum asinado pola artista xaponesa Yoko Honda, quen recentemente traballou para artistas como Kylie Minogue.O seu álbum debut, "Antagonasia", primeira referencia do selo Crispis, non só oposita con maior fereza e máis rímmel e sombra de ollos por erixirse como o disco revelación da tempada, senón que se trata dunha alegación repleta de hits inmediatos, aptos tanto para o nicho indie como a discoteca móbil, a sesión vermú ou a recreación da movida madrileña, con acceso libre ás listaxes de éxitos de Radio 3, Los 40 Principales, o Club Disney ou Máxima FM.Listo para retirar a Joe Crepúsculo, El Guincho e La Casa Azul dun plumazo, as filias de Alex Casanova (sen til no A) viaxan dende o trash pop español dos 80 (Objetivo Birmania ou Loco Mía) á nova escena synth pop (Javiera Mena, Alex Anwandter, Lo-Fi Fnk ou Yeasayer), as referencias a clásicos da purpurina e o desfile de manequíns como Culture Club, Bananarama ou os Pet Shop Boys, as producións de Julián Ruiz, o disco-dance ou as producións máis descartables de produtos como os Vengaboys ou os Blanco & Negro Mix.
Contratación
Crispis promo@crispis.com