• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
BELISH

BELISH é o meu primeiro proxecto musical como artista de música electrónica. O proxecto naceu en Corrubedo (Galicia), un pobo costeiro rodeado por mar e montaña. Grazas a esta contorna natural, puido saír á luz o meu LP “Un grito de amor”. A música que produzo chámoa a nova revolución electro-emocional; música que transporta a recordos felices e tristes da vida dun mesmo, con sons envolventes, ritmos diferentes e letras sinceras, sen deixar atrás o mundo electrónico para bailar cada unha destas cancións.

“Un grito de amor” consta de 12 cancións que irán saíndo durante 2024 co obxectivo de satisfacer o soño dun neno; o de ensinar a miña música ao mundo. Ao vivir en Galicia, decidín aventurarme a escribir e cantar en castelán, obrigándome a saír dos meus gustos pola música anglosaxoa e apostando por música española-electrónica. BELISH naceu de influencias varias como Moderat, The Blaze, Flume, Jamie xx, Bonobo, Caribou etc., e por iso é polo que decidín mesturar todos os meus gustos e crear o meu primeiro álbum de música.

De momento lanzáronse cinco cancións a todas as plataformas e, pasado o verán, sairán os tres singles máis potentes do álbum para empezar a retransmitir o proxecto en directo. A miña idea é empezar a tocar o álbum en festivais e acontecementos musicais por toda Galicia.

Contratación

ENRIC PELLICER I ESPINOSA
659 736 982
belish.music@gmail.com

Discografía

UN GRITO DE AMOR

BELISH

2024, BELISH

Vídeos

MAMÁ

BELISH

Tal vez tamén che gusten