Mr. Kamándula está fundado por Luis do Muíño e Alberto Dubra como banda de desfogue, en paralelo a outros proxectos que tiñan ambos, para saciar a sede de hard rock e coincidir con vellos amigos de outras bandas cercedenses, como Alberto Cabezas e Suso Rodríguez. Comezan facendo covers, pero nos ensaios elaboran xa algún tema propio, sempre en galego e, en 2013, participan no disco homenaxe a Zënzar coa versión de ‘Nacín Libre’.Logo de varios cambios de formación, e coa entrada de Brais Dubra (baixo) e Alberto Salas (guitarra), en 2018 gravan un EP homónimo con 5 cancións nos estudios Taller. Producido por Carlos Areán, o EP é presentado ese mesmo Nadal.O 2019 trae varios concertos, destacando o que se teloneou a Kee Marcelo (ex-Europe) no Fórum Celticum (Culleredo). A finais deste ano, Brais deixa a banda por motivos académicos, e incorpórase David Moss nun concerto na Taberna (Cerceda), onde participan amigos de bandas como Zënzar, Caudillos, Máxica, 12Labirinto e David Brown.Tristemente, tras un concerto no Lume e Ferro (Carral) en marzo de 2020, a actividade da banda —igual que a do resto do mundo— detense por mor da pandemia. Non sería ata a segunda metade de 2021 cando se volve aos escenarios no Km79 (Ames), concerto previo ao paso por Cimática Studio para gravar un par de temas baixo os mandos de Mahi Ferradás, cun videoclip feito por PixelinPhoto do single ‘O Apalpador’.
Contratación
Alberto Dubra Fuentes 696 394 245 albertodubrafuentes@gmail.com