• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Ollo, Lóstrego!

Ollo, Lóstrego! é un trío galego formado en 2019 por Simón (batería) Noel (baixo, voz) e Marcos (guitarra, voz), cun estilo que se move entre o rock, o posrock e certas influencias do rock alternativo e progresivo. Un proxecto no que tratan de conxugar unha gran variedade de influencias musicais, evitando encaixar nalgún estilo ou tendencia concretos para poder expresarse musicalmente do xeito máis libre posible.

No mesmo ano da súa formación publican o seu primeiro EP presentación “Ollo, lóstrego!”. Producido, gravado, mesturado e masterizado pola propia banda, son tres cancións nas que sentan as bases do estilo musical que están a desenvolver.

Xa en 2022 presentan o seu segundo traballo de estudio “Hábitat”, totalmente autoproducido e con mastering de Álvaro Guerrero. É un EP de cinco temas que exploran as diversas inquedanzas musicais do grupo; cancións con títulos relacionados coa botánica e o universo nas que a banda aproveita para reflexionar sobre a natureza, a relación do ser humano coa súa contorna e a sociedade.

Contratación

Marcos
633 098 686 - 628 737 447
ollo.lostrego@gmail.com

Discografía

Hábitat

OLLO, LÓSTREGO!

2022,

Ollo, lóstrego!

OLLO, LÓSTREGO!

2019,

Vídeos

Hábitat EP

OLLO, LÓSTREGO!

Tal vez tamén che gusten