Despois de anos tocando en diferentes bandas de covers, Felipe Castro (guitarra, sintetizador, voz principal), Diego Gonzalez (guitarra), Juan Ciego (baixo, coros) e Diego Guillín (batería) deciden probar sorte cun proxecto propio, e en 2018 forman Moito!Coa idea clara do son que buscaban, os catro galegos (A Pobra do Caramiñal) contactan con Luis Antelo (Estereoarte Estudos, Vigo) para gravar o seu EP debut, “Ingravidez”.Logo meses de xira por salas de toda España, culminan o seu primeiro ano tocando en festivais como o Ao Tran Tran (Castejón, Navarra) ou o macroevento O Son do Camiño (Santiago de Compostela).Sen perder tempo, en 2019 gravan o seu segundo EP, “Ingeniería Inversa”, nos estudos de Paco Loco en El Puerto de Santa María, e termínano só uns meses despois coa gravación do seu “Anexo” (producido tamén por Paco).Despois dunha pequena xira por salas, desátase a pandemia e todo se paraliza... pero este ano volveron con máis forza e por fin acaban de lanzar o seu primeiro longa duración!Para este álbum debut contaron coa produción de Carlos Hernández Nombela (Os Planetas, TAB, Carolina Durante, etc). “Estados Naturales” componse de 10 cancións que transitan entre o indierock, o shoegaze ou o britpop.Non lles perdan de vista!
Contratación
Moito!Felipe Castro 628 410 207 - 665 499 122 moitoband@gmail.com