• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Vega Scan

Proxecto de Tony Ramírez. Antes coñecido como caBle, editou varias maquetas de electrónica e IDM, participa na banda de pop Nolothil a finais dos 90 e en caBle e Cera Extrema, orientada á pista de baile.

Despois monta o efémero grupo de electroclash Supercablekis e, de novo, co pseudónimo de cable, fai remixes para Projecto Mourente e Carrero Bianco. Máis tarde pasa a formar parte de Carrero Bianco e, ao disolverse esta banda, monta con outro dos compoñentes de Carrero, Serxio (Agostinho Dj), a banda de techno Technochico, na que continúan a día de hoxe; publican un remix para Espejos e Diamantes e outro para Lume e, malia non publicar material, dan un bo puñado de concertos nestes anos.

A necesidade de buscar un son diferente é a responsable do nacemento de Vega Scan, sobrenome co que publica o EP “Orihime & Hikoboshi” (Ferror Records, 2022).

Contratación

Ferror Records
Sergio
667 264 325
ferrorrecords@gmail.com

Discografía

Orihime & Hikoboshi

VEGA SCAN

2022, Ferror Records

Vídeos

Contando Pasos

VEGA SCAN

Tal vez tamén che gusten