Micro Moon é un dúo electrónico formado por dous músicos con traxectorias diferentes: Isabel é unha pianista de formación clásica á que lle gusta enredar con sintetizadores, pero que traballa de científica durante o día. Foi precisamente a ciencia o que a levou a Inglaterra onde deu con Stephen, quen desde cativo tocou a guitarra e o baixo en varias bandas coas que sacou discos, ademas de tocar en directo no circuíto independente.Micro Moon é un proxecto completamente caseiro, que combina sons atopados e texturas creadas coas formas electrónicas máis tradicionais.Ambos fanáticos do fabuloso Radiophonic Workshop da BBC, os seus membros crean música electrónica de xeito orgánico; mesturas de capas e paisaxes sonoras que evocan futuros perdidos. As súas influencias van desde bandas sonoras de pelis de terror ata a música clásica, de Goblin a Glenn Gould.
Contratación
Isabel Perez Castro micromoon20@gmail.com