Visions of Johanna (nome tomado dunha canción de Bob Dylan) comezou como un proxecto do irlandés Paul Clarke e o vigués Jorge Lorenzo, dous experimentados músicos que se xuntaron no verán de 2020 polo simple pracer de facer música e compartir as súas cancións compostas ao longo dos últimos anos. Tras un ano de concertos a dúo, no verán de 2022 pasan ao formato grupo coa incorporación de Mario Riobó ao baixo e Jose Calvo á batería.O 20 de setembro dese mesmo ano publícase o seu primeiro disco, homónimo, baixo o selo da discográfica madrileña Entrebotones.As cancións e o son de Visions of Johanna beben de distintas influencias e móvense entre a tradición americana e o pop británico, tendo de referencia a bandas como The Jayhawks, The Beatles ou Creedence Clearwater Revival.
Contratación
Jorge Lorenzo Pérez 699 241 336 - 675 555 600 visionsofjohannaband@gmail.com