• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Sanny

Sanny, o nome artístico tras o que se agocha Sandra Gómez, é unha artista viguesa cun pé nos primeiros anos de Bob Dylan e no Nebraska de Bruce Springsteen, e co outro en artistas indie contemporáneas como Phoebe Bridgers e Sharon Van Etten. Desenvolve o seu particular estilo compositivo e interpretativo en pequenas salas de Santiago e Vigo principalmente.

A comezos do 2019, realiza unha estada de 3 meses en Preston (Reino Unido) e percorre cada semana os micros abertos dos pubs locais mentres investiga sobre música e sociedade nos EUA. Ademais, este tempo lle serve para rematar de perfilar os temas que forman parte do seu primeiro EP, “Loners Downtown” (2019), gravado en Estudos Mans. O traballo componse de cinco cancións nas que se explora o tema da soidade e nos que se evidencia claramente a influencia do son americana. Con este traballo, Sanny participa en escenarios diversos como o Smalltown ou o Sofar Sounds Porto e chega a telonear a Sidonie e Iván Ferreiro nos seus concertos no TerraCeo e no EspazoFest, respectivamente.

Agora comeza unha nova etapa musical coa presentación do seu novo single, ‘25’, o primeiro de dous temas gravados o pasado verán en Radar Estudios (Vigo) e producidos por Pablo Iglesias. Con este primeiro adianto, a artista dá a coñecer a banda que agora a acompaña: Denis Carballás á guitarra, Bruno Costas ao baixo e Anxo Paz á batería. O folk máis tradicional das cancións do seu primeiro EP deixa paso agora a melodías máis elaboradas e unha produción máis coidada.

Contratación

Sandra Gómez Garrido
620 155 000 - 628 233 004
sannycaster@hotmail.com

Discografía

Bedroom Folk

SANNY

2023,

Loners Downtown

SANNY

2019, RockCD Records

Vídeos

25 (Bedroom Folk Sessions)

SANNY

Sesiones en ruinas

SANNY

Bird in a Cage (Live at Flamingos Vintage)

SANNY

Bird in a Cage (Official Video)

SANNY

25

SANNY

Bird in a Cage @ Sofar Sounds Porto

SANNY

Tal vez tamén che gusten