• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Minguante

Minguante é un dúo de pop e canción de autor formado por Óscar Martínez (Marmota Phil, Música Miúda) e Miguel Alonso (Música Miúda, Miguel Alonso). Nace en 2018 para realizar un par de concertos acústicos... e levan xa máis de 150 actuacións por toda Galiza.

Nesta banda, cada un deles se reparte a composición das cancións e a voz principal. Así, atopamos cancións máis próximas ao indie, principal influencia de Óscar, ou ao pop de autor, teima habitual de Miguel.

Ata o de agora, todos os seus temas son autoproducidos nos seus estudios caseiros, encargándose eles da gravación de todos os instrumentos. En plena pandemia de 2020 publicaron o seu primeiro EP, "Minguante", con catro cancións que foron espallando pola rede; e, en maio de 2022, editaron o seu primeiro disco baixo o título de "A incrible historia dos homes minguantes" (2022).

Contratación

Miguel Alonso
658 600 957 - 669 253 937
miguel_alonso_fdez@hotmail.com

Discografía

A incrible historia dos homes minguantes

MINGUANTE

2022, Minguante

Minguante

MINGUANTE

2020, Minguante

Vídeos

Ao teu compás

MINGUANTE

Se quixeses

MINGUANTE

Rival

MINGUANTE

Tal vez tamén che gusten