
Luis Mera Lucky é un intérprete e compositor compostelán, nado en 1974.Despois de boa parte da súa vida como oínte que bebe das fontes do rock 'n' roll dos anos 50, do pop dos 60 e da escena madrileña, e logo de breves experiencias en grupos afeccionados con amigos, comeza a súa carreira como artista en solitario.Na discografía de Luis Mera Lucky atoparás un conxunto de cancións compostas do seu puño e letra e melodías con ese toque de pop rock realmente persoal. As súas interpretacións, aínda que poidan estar sutil e inconscientemente unidas a calquera outro tempo pasado, son realmente un universo propio deambulando por unha marabillosa galaxia musical: hoxe.
Contratación
Luis Mera LuckyLuis Mera 620 097 709 luismeralucky@gmail.com