• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Mundo Prestigio

En 2019, Mundo Prestigio nace en Vigo como a reconversión de Jay, formación de noise rock integrada por Ju, Brais, Fiz e Fer, membros de bandas como Disco las Palmeras!, Dois ou Seda. As novas inquietudes musicais, cimentadas sobre a técnica do sampling e cunha clara dirección cara ao hip-hop, levou aos catro membros da banda para facer borrón e conta nova e a crear este novo proxecto a medio camiño entre unha banda e un grupo de produtores.

As cancións da banda están inspiradas no soul, no funk, e seguen o seu ronsel ata chegar á denominada “música urbana”. Un esquema previamente reproducido por algunhas bandas influentes para o son de Mundo Prestigio, como The Avalanches e Badbadnotgood, trasladando a un contexto moderno a herdanza musical do século XX.

Contratación

Discografía

Eterna Constanza

MUNDO PRESTIGIO

2024, Ernie Records

Nunomanía EP

MUNDO PRESTIGIO, GRANDE AMORE

2021, Helsinkipri & Ernie Records

Los Vengadores

MUNDO PRESTIGIO

2020, Helsinkipro

Mundo Prestigio EP

MUNDO PRESTIGIO

2019, Helsinkipro

Vídeos

Nunomanía

GRANDE AMORE, MUNDO PRESTIGIO

Millonario

MUNDO PRESTIGIO, ORTIGA

La Maison Du Bonheur

MUNDO PRESTIGIO

Tal vez tamén che gusten