O músico mugardés Pablo Leira presenta "Dirt, Wood & Grass" (Ferror Records, 2023), un novo disco marcado polo son americana, o intimismo e o folk máis persoal.Pablo Leira, con apenas 23 anos, vén de cursar un título en interpretación de guitarra no Berklee College of Music (Boston, EE. UU.) onde recibiu unha bolsa e obtivo premios como o John Laporta en 2019 e o premio Jimi Hendrix en 2020. Na actualidade acompaña na súa xira a Andrés Balado e tamén colabora con Los Eternos. Pero, ademais, hai pouco máis dun par de semanas, rexistraba o que é xa o seu primeiro disco de estudo, nos RRStudios de Danny Abeledo e Melo García en Ferrol. No traballo, de corte country, colaborou xente talentosa como Álvaro Lamas coa súa steel guitar, Pepe Coira á harmónica, Rafa Pereira ao baixo e Cabe García á guitarra e ao banjo.Con respecto ao disco, afirma: "Tentei que o disco contase unha historia coherente, e aínda que pareza que non, se pos atención aos detalles está aí, só que me esforcei moito en camuflala detrás de todo, porque é un disco moi persoal para min e non quería ser brutalmente explícito. Aínda que si, hai unha historia, e é unha historia real dos meses que pasei".
Contratación
Ferror RecordsSergio 667 264 325 ferrorrecords@gmail.com