Non é un disco noromal. Resulta bastante incrible que alguén grave un un primeiro disco con apenas 19 anos e presente este nivel de imaxinación compositiva, profundidade nas letras e capacidade de interpretación.Pero é que case nada na vida de Marem Ladson resulta moi normal. O seu talento precoz, a súa seguridade sobre o escenario, a madurez coa que controla cada aspecto da súa carreira sorprenden inmediatamente. Esta aparición estelar foise forxando en escenarios e festivais como se tal cousa. Con apenas un single, “All My Storms” (2017), chamou a atención de medios e programadores, catalogando á galega-estadounidense —nai de Ourense, pai de Nova York, xogador de baloncesto que veu xogar a España— como unha das promesas máis firmes do panorama musical.Esa promesa faise realidade no seu disco debut, homónimo, composto por 11 canción que se pasena polo pop, o rock e o folk. Gravado por Brian Hunt e Juan Diego Gosálvez en El Invernadero (Madrid), soa inquieto, ambicioso, especial. Hai espazo para hits como “Shades of Blue”, primeiro adianto do LP; tamén para clásicos instantáneos como “Everything I’ve Ever Lost (Is Coming Back)”; elegantes e emocionantes cancións introspectivas (“For and About”, “My Corazón”) e pezas que insinúan que o futuro camiño creativo de Marem será apaixonante (“Coming Home”, “Losing Control”). Temas que falan de autoafirmación, do paso á vida adulta e de ser unha muller adolescente. Non, non é un disco normal.
Contratación
MONT VENTOUXNacho Ruiz 656 623 195 nacho@mntventoux.com