• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Hilario Rodeiro

Hilario é un músico galego (Santiago de Compostela, 1981) que reside desde hai 15 anos nos arredores de Donostia-San Sebastián (Gipuzkoa) cun breve paso pola cidade de Barcelona en 2016 e 2017. Puido actuar con infinidade de artistas internacionais como Gordon Le, Sabine Kühlich, Chris Kase, Bob Sands, Andrej Olejnizack, Ilja Reijngoud, Deborah Carter, así como recoñecidas formacións como Pamplona Jazz Orquesta, R.S. Faktor, CiTriC, Os Wachisneis, e un larguísimo etc.

Como compositor, creou a paisaxe sonora e a música para espectáculos de danza contemporánea como Orígenes, Elektrical Body e Transoceánica (Dínamo Danza) ou Nikola (Atalak). Ten premios como o BBK ao mellor disco (R.S.Faktor, 2012), V Concurs de Jazz de Barcelona (Citric, 2009) ou Academia da Música (Mama Cabra, 2006).

Durante os últimos anos estivo inmerso na produción de música para artes escénicas, sen deixar nunca de achegar repertorio ás bandas colaborativas en que formou parte.

“Pausa” (2024) é o primeiro disco de jazz que realiza en solitario ao seu nome. O tempo foi unha fixación nas composicións de Rodeiro, en especial os aspectos relativos á súa percepción e o modo en que se manifesta. “Pausa” móvese na linde entre o pop-rock instrumental, a música de cámara e o jazz experimental; e segue a senda de música de artistas como Bobo Stenson, Mats Eilertsen ou Paul Motian.

Contratación

Abelurio Sons
Hilario Rodeiro
650 960 532
abelurio.sons@gmail.com

Discografía

Pausa

HILARIO RODEIRO

2024, Errabal jazz

Pausa para un paseo pola tarde

HILARIO RODEIRO

2024, Errabal jazz

Vídeos

Atopeite

HILARIO RODEIRO QUINTETO

Pausa para mirar dentro dun

HILARIO RODEIRO

Tal vez tamén che gusten