Despois de ser premiado como ‘Mellor Artista Rap Independente Español’ co seu anterior pseudónimo (Anubis Metal Jack), o artista galego Habló Pablo comeza unha nova etapa en 2022, creando un proxecto musical innovador que combina o rap coa poesía slam.Chega a colaborar ou actuar con artistas internacionais, e estatais, de renome como Raekwon (Wu-Tang Clan), Public Enemy, Tote King, La Excepción, Havoc (Mobb Deep) e Termanology entre outros. No pasado actuou en diferentes cidades da Península Ibérica como Oporto (Hard Clube), Madrid (Penélope), Santiago (Sala Capitol) ou Vigo (Auditorio de Castrelos), e en festivais como o Festival de la Luz, O Marisquiño, Xacobeo Importa ou o San Froilán.Desde as súas primeiras publicacións, e mesmo antes de lanzar o seu primeiro disco, Habló Pablo consegue chamar a atención dos medios tradicionais (Radio 3, Cadena Ser, Onda Cero, TVG, La Voz de Galicia) e de Internet, facéndose viral en Instagram cun vídeo rapeando a capela e obtendo máis de 31000 “Gústame” (incluíndo os de grandes personalidades da cultura arxentina como Ricardo Darín ou Leonardo Sbaraglia, entre outros).Ademais, en abril de 2024, logra un fito na súa cidade, actuando no Estadio de Riazor fronte a máis de 28.200 espectadores e no Palacio dos Deportes de Riazor (3.800 espectadores) nun mesmo mes.A principios de 2025, Habló Pablo, publicará o seu novo LP, en cuxo directo interpretará as súas cancións combinando bases electrónicas con instrumentación orgánica.
Contratación
Habló PabloIsabel Casanova ou Pablo Valín 623 105 977 - 699 863 641 hablopablomusica@gmail.com