Los Buenos é un colectivo de hip-hop/trap de Vigo. Union de dous colectivos Ola Perdida Squad de Caldas de Reis e The Weird Players de Vigo, letras realistas para dar a ver a actualidade de Galicia desde varios prismas como son a cidade o pobo e a aldea máis recóndita.Los Buenos está formado por O Neno Basko, Catxizo, Clioenllamas, Wave B, Lil’ Kid, O Portughés AKA o Tiburón do Salnés e Slickky J.Influenciados polas novas correntes que saen desde Europa como Capo Plaza, Skepta, PNL ou Yung Lean e tamén desde os Estados Unidos como Lil Uzi Vert, Nav ou Griselda.Comezamos sacando varios sinxelos no 2016 como 'Negosiando', 'Os nenos sempre de Rally', 'Os netos de Rosalía' producido por Iaghost, 'Lume nas chapas' producido por KLv desde Madrid e a Mixtape de Lil Kid 'Rally Skrr The Mixtape'.En 2018, conectamos con The Weird Players e sacamos un EP chamado OPS/TWP onde salen O Portughés e Wave B xunto a Clio como produtor.O primer traballo xuntos e “A Mixtape da Morte” (2019) na que hai temas de estilos variados. Un diss track, temas de R&B, de trap e un de Screwed and Chopped. Agora mismo traballamos en 'A Fonte' da que hai un adianto chamado ‘Os billetes veñen solos’. Tamén destacar Wave B “Stay Out Vol. 1” (2019) de Wave B, traballo de R&B e trap melódico.Engadir, por último, que temos colaboracións con moitos grupos de Galicia como Delaria Squad, Colly Cliff ou FØ Records, grupos nacionais como Pvtopop ou Sume Beats, ou internacionais como Gallego de Sacramento ou Jambi de Rusia.
Contratación
O Portughés 634 954 268 xiabreskiclub@gmail.com