• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Scarecröw

Banda coruñesa de heavy rock formada en 2022 por membros de bandas como Hongo, Enkord e Innerself entre outras. Carlos Barreiro á voz, Roberto Pazos á batería, Luis Miguel Diz, José Ramón Diz, Ernesto Montero ás guitarras e Diego Freire ao baixo.

Cun álbum autoeditado en xuño de 2022 "Twenty Years Ago". Dous EP, Vol. I publicado en decembro de 2024, mesturado e masterizado por Carlos Arcay “Arcay Mixing & Mastering” e un Vol. II que publicarase ao longo de 2025, producido, mesturado e masterizado por José Bonham “Estudios Bonham”.

Destacando o primeiro posto como grupo gañador da “Batalla de Bandas” do festival “Flores Rock” na “Sala Túnel” do Coliseo da Coruña en agosto de 2024 e a participación no festival Flores Rock en xullo do mesmo ano, compartindo cartel e escenario con bandas como: Koma, Vantroi, Banda Bassotti ou Sinkope.

Tamén cabe destacar as cuñas, críticas e publicacións de Mariskal Rock, entre outras, durante estes meses e a inclusión nos “20 máis duros” do mes de marzo. Tamén se emite en radio de diferentes países como Hoex Radio en Holanda ou a Hora Argonauta de Jason Cenador en Madrid.

Discografía

I

SCARECRÖW

2024, Independiente

Twenty Years Ago

SCARECRÖW

2022, RockCD Records

Vídeos

Scarecröw - I (EP 2024)

SCARECRÖW

Tal vez tamén che gusten