
LAW é unha artista multidisciplinar do barrio de Coia, Vigo. As súas composicións xuntan influencias do R&B, o reggae, o hip-hop e o psytrance, coas que pretende atopar o equilibrio entre o urbano e o orgánico, entre o barrio e a tribo, a través da súa poderosa voz e as súas letras comprometidas.Así queda reflectido no seu primeiro EP “Lo Esencial”, publicado en novembro de 2024 da man de Galunk Producións. Nos seus directos combina as bases electrónicas coa música en vivo para xerar unha enerxía primitiva e liberadora. A solista tocou en escenarios significativos como o PortAmérica, o Terraceo, o Río Verbena Fest ou o Festival de la Luz, acompañada polos seus instrumentistas Adrián Blanco (teclados) e David Outumuro (batería, secuencias e percusión do mundo).Mediante a súa obra, LAW sinala as desigualdades do mundo á vez que explora e desentraña o seu propio, reivindicando a volta á esencia e conectando ás persoas a través da arte.
Contratación
Galunk ProduciónsAlberto Lora +34 722 855 990 lora@galunk.com