Detrás de MoOoM está Ciara Cabodevila, quen en 2017 e dende Barcelona pon en marcha un proxecto musical co que decide fusionar música tradicional e electrónica. En 2026 materialízase "AtlánticA" (Ferror Records), un primeiro longa duración."AtlánticA" nace materializando sonoramente unha investigación etnomusicolóxica que ven de diferentes experiencias migratorias de Carlo Jurancelli, Facu Alberdi (FFFFFFF), ambos arxentinos con raices galegas de Córdoba e Bos Aires respectivamente; e Ciara Cabodevila. Foi cocreado en Barcelona realizando con sintetizadores modulares, con grabacións antigas de folk galego e sampleando instrumentos de diversos ritmos atlánticos, nun proceso de sanación e investigación persoal praos tres ao longo dos últimos dous anos. Volver ao ancestral foi a resposta natural logo da ruptura vital que supuxo pra todos a pandemia. Este proxecto non busca unha síntesis fechada senon abrir cuestións en torno a identidade, a memoria colectiva e a transformación cultural.Ciara Cabodevila, sendo cum laude en historia do arte e partindo dunha investigación sobre Perfecto Feijoo e os coros da Galiza no Museo de Pontevedra, comezou a pescudar pra sua tese sobre a cuestión da identidade galega, que de per se, está directamente relacionada coa cuestión migratoria e onde a música foi un importante catalizador da mesma. Foltrónika tradicional que fusiona músicas de transmisión oral galega con electrónica de amplo espectro, creando unha paisaxe sonora atlántica entre o ritual, o club e a memoria colectiva.
Contratación
