Kid Mount, coñecido no panorama coma o neno do monte ou o pico e o tres (<3), é un artista limiao residente en Santiago de Compostela que vén revolucionando a escena urbana dende 2021. Cun estilo propio, sen filtros e cheo de emoción, combina son, estética e mensaxe para crear algo novo dentro da música galega. En pouco tempo pasou de gravar os seus primeiros temas contar con decenas de miles de escoitas mensuais en Spotify cun público cada vez máis fiel.En 2023, con tan só dezaoito anos, publica o seu primeiro álbume, Ben Mal. A excelente acollida recibida por parte do público permítelle realizar xiras e numerosos concertos por toda Galicia. En 2025, consolídase coa saída de dous novos proxectos: NeoAmor e Amor e Outras Drogas, este último un EP en colaboración con 9Louro.En marzo do 2026 vén de presentar Perreo Paradiso, o seu proxecto máis compacto, maduro e ambicioso. Nel, mestura a enerxía do reggaetón dos 2000’s co seu imaxinario máis único e disfrutable. Esta proposta vén acompañada por unha nova posta en escena: un directo renovado, concebido como unha auténtica viaxe emocional. A través da música en vivo a cargo de Elba Souto e dunha performance inmersiva, convida ao público a entrar de cheo no seu Edén.
Contratación
aGrileiraTomé Mouriño 638 780 751 - 646 650 441 representacion@grileira.com
