Chisme é unha proposta unipersoal incatalogable; un proxecto fundamentado nas raíces do tardocapitalismo: individual, cun repertorio composto case sempre en no-lugares e sacudido polo único feedback da tecnoloxía. Un álter ego do artista visual e tamén, por veces, escritor: Fernando Epelde, gañador do premio Proyecto Demo de Radio 3 co seu anterior proxecto, Modulok, e ben coñecido polo seu traballo como compositor de bandas sonoras para cine e teatro.Polo de agora, Chisme ten dispoñibles catro referencias na rede: “Chisme#1” (2017) e “Alcàsser92” (2017), que son dous discos fundamentados no sampling, "Médium" (Raso Estudio, 2019) no que comezan a aparecer cancións con estructuras e melodías máis próximas ao formato pop e "Todo es ficcion" (Raso Estudio 2020) a súa incursión definitiva no formato canción, aínda que sen abandonar as texturas electrónicas e un forte compoñente visual nos seus directos.
Contratación
Raso EstudioFernando Epelde +34 630 589 131 philipaural@yahoo.es