• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Galkan

Galkan é unha banda galega que constrúe unha proposta musical propia a partir das raíces tradicionais, tomando como base ritmos como a muiñeira e a xota e levándoos cara a novas sonoridades. A súa música transita desde o folk fusión galego ata ritmos doutras latitudes, como a rumba, incorporando tamén influencias do punk, cun son que transita entre o acústico e o eléctrico.

O proxecto comeza a xermolar en 2018 durante unha viaxe por Latinoamérica, marcando fondamente a identidade sonora e conceptual da banda, onde as letras ocupan un lugar central, abordando temas como o feminismo, a protección da infancia, a identidade galega, a conexión con Latinoamérica e as vivencias persoais de quen compón.

A banda está formada por Lina Lóbui (voz), Cristian Rodríguez (baixo, pandeireta e voz), Abraham Herrero (ventos e voz), Manu Castro (guitarra) e Lucía Pretone (violín).

En marzo de 2024 publicaron o seu primeiro EP, “Galkan”, composto por cinco temas, coa colaboración do percusionista e compositor vigués de jazz Eloi Pascual na gravación, mestura e masterización.

Na actualidade, Galkan está a traballar no seu segundo disco, “Pelerinaxes”, previsto para 2026. Este novo traballo, composto por oito temas, incorpora novos referentes, como Florencio, o cego dos Vilares, e a forza poética de Paco Souto. Paralelamente, a banda está a consolidar a súa presenza nos escenarios galegos, cunha actividade en directo crecente en salas e programacións ao longo de todo o territorio.

Contratación

Cristian Rodríguez
622 15 42 37 - 682 67 77 33
galkanproxecto@gmail.com

Discografía

Galkan

GALKAN

2024,

Vídeos

Xota Do Esquecemento

GALKAN

Con Nome De Lagoa

GALKAN

Medo

GALKAN

Arrolo de Y

GALKAN

Ani

GALKAN

Tal vez tamén che gusten