• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Kanfurneira

Kanfurneira é o proxecto artístico dunha cantante, compositora e produtora galega betanceira influenciada por unha ampla variedade de estilos que van desde o soul, o hip hop ata as baladas, e mesmo o pop e as músicas de raíz latina. A súa proposta nace da procura dunha identidade propia a través da experimentación, a emoción e a conexión co público.

Formada en Artes Escénicas e Música na Coruña, iniciou a súa traxectoria profesional en diferentes proxectos musicais en Galicia antes de trasladarse a Irlanda e Malta, experiencias que marcaron profundamente a súa visión artística e impulsaron a súa faceta como compositora. Durante estes anos actuou en distintos espazos e comunidades musicais internacionais, interpretando repertorio en galego, castelán, inglés e francés acompañada coa súa guitarra.

Apostando pola creación propia e a autoprodución, publicou os seus primeiros traballos como artista independente en 2021 entre eles "Érguete". Destaca tamén a versión de “A Vitoria”, realizada xunto a Álex Charlón, ex-vocalista de Ataque Escampe, e con Fununcan.

Actualmente reside en Francia, onde continúa desenvolvendo a súa carreira a través da composición, a produción musical, as actuacións en directo e as colaboracións con artistas de diferentes países, mantendo sempre un forte vínculo coa súa identidade galega.

Contratación

Natalia García
+34 673 228 650
natalia.gi1998@gmail.com

Discografía

INVENTARIO

KANFURNEIRA

2026,

DENTRO DE MÍ

KANFURNEIRA

2025,

A VITORIA

KANFURNEIRA, ÁLEX CHARLÓN, FUNUNCAN

2022,

Vídeos

INVENTARIO (Lyric video)

KANFURNEIRA

INVENTARIO

KANFURNEIRA

ÉRGUETE (Directo)

KANFURNEIRA

Details in the fabric (Videoclip)

KANFURNEIRA

Dentro de mí (Lyric video)

KANFURNEIRA

ÉRGUETE Videoclip

KANFURNEIRA

Tal vez tamén che gusten